A Real Academia Galega de Ciencias entregou en decembro de 2017 os III Premios de Transferencia
de Tecnoloxía en Galicia promovidos coa colaboración da Axencia Galega de Innovación da Xunta
(GAIN).

Na modalidade ao mellor traballo desenvolvido por un grupo de investigación aplicada, o galardón
recaeu no Departamento de Enxeñería Agroforestal da USC, no Campus de Lugo, en colaboración co
enxeñeiro de industrias alimentarias Hiram Varela.

Na categoría de Pemes, o premio ao mellor caso de éxito empresarial de transferencia de tecnoloxía,
dotado con 12.000 euros, correspondeulle a HGBeyond Materials Science, que desenvolveu hidroxeles
para a liberación de substancias activas no organismo.

O terceiro dos premios concedidos foi na categoría de mellor caso de éxito de transferencia de
tecnoloxía na categoría de grandes empresas para BorgWarner Emissions Systems Spain quen, en
colaboración co grupo de Tecnoloxía Enerxética de UVigo, desenvolveu unha ferramenta innovadora
para o deseño e validación dos sistemas anticontaminación en motores de combustión interna de
vehículos.