Sección de Ciencias Sociais e Económicas
Data de ingreso: 21-6-2018

O 21 de xuño de 2018, a sede da RACG, no Pazo de San Roque, acolleu o acto de ingreso na entidade de José Antonio Redondo, catedrático de Economía Financeira da USC e conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia. Redondo integrouse na Sección de Ciencias Sociais e Económicas da institución.

Redondo, nacido en Lugo en 1951, doutorouse en Ciencias Económicas pola USC con premio extraordinario, e ocupa a Cátedra de Economía Financiera da USC dende 1987. Desde os comezos da súa traxectoria vén exercendo a docencia en materias da súa especialidade, participando en diversos Masteres como codirector ou responsable da área de finanzas. A súa carreira docente, que comezou hai máis de 40 anos, no 1974, viuse complementada cunha ampla traxectoria investigadora que comezou no curso 1979-1980 na Universidade de California-San Diego.

Publicou numerosos libros e traballos de investigación. É Académico da Real Academia de Ciencias Económicas e Financeiras de España, membro do grupo de traballo Franco-Español de análise financeira e membro da American Finance Association. Foi Vicedecano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Director constituínte do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade, Director Xeneral do Instituto Galego da Vivenda e Solo e membro de distintos Consellos e desde 2015.
No eido académico, Redondo foi vicedecano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e director do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da USC. Desde o ano 2005, é director do Máster de Renovación Urbana e Rehabilitación. Entre 1995 e 2005, dirixiu o Instituto Galego de Vivenda e Solo e ao longo da súa traxectoria publicou catro libros e numerosos artigos.

No acto do seu ingreso na RAGC, Redondo ofreceu o discurso “Teoría financeira e crise: da optimización á heurística”, no que alertou sobre a importancia da regulación financeira para controlar o que considera o verdadeiro xerme das crisis económicas: a especulación. A réplica foi a cargo do profesor Juan Ramón Quintás Seoane.

Logo do discurso, recibiu a medalla de mans do presidente da RAGC, Miguel Ángel Ríos, e o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, entregoulle o diploma.

Ao acto asistiron, entre outros, o reitor da USC, Antonio López; o entón presidente en funcións e a hoxe presidenta do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares e RosarioÁlvarez; a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey; o secretario Xeral de Universidades da Xunta, José Alberto Díez de Castro; o coordinador do CSIC en Galicia, Eduardo Pardo de Guevara; e o arcebispo de Santiago, Julián Barrio, ademais de varios vicerreitores das Universidades de Vigo e de Santiago.