Sección de Matemáticas e Física do Cosmos
Data de ingreso: 19-9-2018

O Catedrático de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Santiago de Compostela
Wenceslao Fernández Manteiga foi o último dos novos académicos que ingresaron na entidade no curso
2017-2018. O investigador, coordinador do grupo, Modelos de Optimización, Decisión, Estatística e
Aplicacións (Modestya), seleccionado como grupo competitivo na Comunidade de Galicia.

No acto de ingreso, que tivo lugar o 19 de setembro no Pazo de San Roque, Fernández Manteiga
pronunciou o discurso “A Estatística Matemática na era do ‘Big Data’, que foi contestado polo académico
D. Juan José Nieto Roig, catedrático de Análise Matemática na USC. Acompañaron ao novo académico
os membros da RAGC e representantes do eido institucional, cultural e universitario de Galicia.

O profesor González Manteiga asumiu a cátedra en 1992. Desde o grupo Modestya, coordina proxectos
relacionados coa transferencia tecnolóxica, impulsando colaboracións e convenios con diversas empresas.
É autor ou coautor de máis de 190 publicacións en revistas de impacto en diversos ámbitos e de máis de
500 comunicacións presentadas en congresos nacionais e internacionais.

O novo académico foi tamén editor e coeditor de diversas revistas internacionais de impacto, dirixiu e
codirixiu 32 teses doutorais e foi coordinador do Máster en Técnicas Estatísticas, das universidades
galegas, en 2007-08. Participou na avaliación científica a todos os niveis: sexenios, proxectos de
investigación e acreditación de profesores coa ANECA a nivel nacional, a AQU en Cataluña e a DEVA
en Andalucía. Obtivo diversos premios de investigación.

No eido internacional é Profesor invitado nas universidades de Louvain A Neuve (Bélxica), Paul Sabatier
de Toulouse (Francia), Brno da República Checa, IMPA (Río de Janeiro) en Brasil e a UBA de Buenos
Aires, Arxentina, así como nas estatais de Valladolid, Zaragoza, Carlos III de Madrid, Granada e
Politécnica de Barcelona.

É coordinador da “ Ercim WG on Computing & Statistics” en Estatística para datos funcionais;
Investigador principal, representando á USC na “ IAP network” en Europa en diversos proxectos. Foi
membro do comité de Programa Local do International Congress of Mathematicians, Madrid 2006, e
delegado por España en XV Asemblea Xeral da Unión Matemática Internacional ( IMU), Santiago de
Compostela en 2006.