O catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, Ángel Carracedo, foi elixido como o novo presidente da Academia Internacional de Medicina Legal (IALM), durante o 24º Congreso da Academia que se está desenvolvendo en Fukuoka (Xapón) ata o venres 8. Carracedo sucede no cargo ao científico italiano Davide Ferrara.

Segundo informa a USC, a IALM, antes coñecida como a Academia Internacional de Medicina Legal e Medicina Social, foi fundada en 1938 na cidade de Bonn (Alemaña). O seu principal obxectivo é promover o progreso científico no campo da Medicina Legal, polo que promove a colaboración e o intercambio de información entre especialistas a nivel internacional. Con esta finalidade, a Academia organiza reunións e congresos científicos para establecer directrices e recomendacións nas diferentes áreas de Medicina Legal e a través das publicacións científicas.

A IALM ten como propósito colaborar con outras sociedades científicasneste eido, así como proporcionar coñecemento e experiencia para dar resposta ás consultas públicas relacionadas con esta disciplina da medicina. A Academia integra organizacións médico-legais do ámbito internacional e conta con representantes da maioría de países de todos os continentes.