Onde está o Marumasat 3? Era a pregunta que se facían en maio os centos de alumnos dos
institutos Maruxa Mallo de Ordes, Marco Camballón de Vila de Cruces, Miraflores de Oleiros e
Xelmírez de Santiago, que participaron no lanzamento da terceira sonda da NOSA, a Axencia
Espacial Galega.

“A bordo había catro dispositivos de seguimento – explicaba Xosé Díaz, profesor de
Matemáticas do IES Marco Camballón, un dos participantes no proxecto -, unha radiosonda,
un GPS, un teléfono móbil e unha ferramenta de rastrexo para aves. Cando a cápsula estaba a
13.700 metros de altura, a radiosonda deixou de transmitir de forma abrupta”.
A sonda captou desde a estratosfera, a 30 quilómetros de altura, espectaculares imaxes de
Galicia. Pero a Marumasat foi tamén un experimen to escolar, que recolleu datos moi
relevantes para a investigación científica da NOSA. “Traballamos sobre os niveis de ozono e
radiación ultravioleta presentes na estratosfera”, explica o equipo docente. Xa se puido
constatar que naceron na estratosfera tres exemplares de abella obreira dos ovos que ían
dentro da cápsula. E por outra banda, tamén se estudaron unhas fabas que ían a bordo, e que
se someteron á radiación ultravioleta. Comparáronse con outras fabas de control, da mesma
procedencia, para estudar a incidencia da radiación no seu crecemento.
En canto aos experimentos físicos, estudáronse as magnitudes atmosféricas básicas (presión,
temperatura, humidade, altitude, dirección e intensidade do vento) e compararon a
traxectoria real de voo coa que estaba prevista segundo os modelos CUSF Landing e Astra

Balloon Flight Planner. A Marumasat 3 tamén levaba a bordo unha placa solar en probas. En
resumo, un gran experimento científico escolar, feito coa unión de varios institutos e a ilusión
de alumnos e profesoras da NOSA, a Axencia Espacial Galega.