Portada do 18 de maio de 'Science' realizada por Álvaro Valiño.

Portada do 18 de maio de ‘Science’ realizada por Álvaro Valiño.

Un galego está de novo en Science. E nada máis e nada menos que na portada dunha das revistas científicas máis prestixiosas do mundo. Porén, non é científico. Falamos de Álvaro Valiño, un ilustrador e deseñador coruñés actualmente afincado en Washington D.C., que é o autor do deseño de portada do número deste 18 de maio da publicación. Hai só uns meses, outra ilustración deste galego foi a que encabezou a portada de Science na que se abordaban os principais avances científicos de 2017.

Na portada realizada por Valiño preséntase unha das informacións máis destacadas da revista, na que se aborda o aumento da resistencia que as bacterias, as plantas e outros organismos están a amosar ante praguicidas, antibióticos e demais substancias.

Álvaro Valiño, nacido na Coruña, ten un máster en Deseño Gráfico pola London College of Communication. Dirixiu o departamento de infografía do desaparecido diario Público, e actualmente traballa como freelance para medios e clientes de todo o mundo, entre os que están publicacións como National Geographic MagazineThe Washington PostThe GuardianCorriere della Sera ou Mongolia. Recibiu máis de 30 premios Malofiej, considerados os Pulitzer da infografía.