Ciencia e turismo van da man no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Porque, como din os impulsores desta iniciativa, “non se pode protexer o que non se coñece”. Un consorcio de empresas multidisciplinar, reunidas ao redor do selo de calidade Observer de Turismo Científico, traballa no desenvolvemento e comercialización dun produto de turismo científico co- financiado pola Axencia Galega de Turismo.

turismo científico cíes

O proxecto está pensado como estratexia de desestacionalizacióndo turismo neste enclave. Levará por nome “Mar de Ciencia” e comercializarase ao público en outubro. Trátase do primeiro paquete de turismo científico de varios días de duración pensado para coñecer as illas atlánticas dunha maneira diferente.

Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia situase nunha posición avanzada para o desenvolvemento do turismo científico, grazas sobre todo a unha intensa actividade de divulgación, un engarce axeitado no contexto socioeconómico local e un bo nivel de integración co profesional da investigación.

Neste contexto, o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia obtivo, en Maio de 2017, a cualificación de Destino Científico Observer, baixo a categoría de Reserva científica Observer®, específica para Parques Nacionais.

En base ao Informe da Auditoría Observer elaborado para o Parque Nacional, os principais recursos, agrupados por áreas científicas son: astronomía, xeoloxía, medio mariño, fauna e flora e ecoloxía.

“Co Turismo Científico búscase informar e achegar ao visitante á astronomía, botánica, fauna, paleontoloxía, arqueoloxía, xeoloxía, ecoloxía, etc. e, de paso, dar a coñecer a intensa labor de investigación que os científicos realizan para conservar e poñer en valor este patrimonio natural”, explican dende Observer: “O coñecemento e a difusión do mesmo son a base da conservación. Non se pode protexer aquilo que non se coñece”.